Padrón achega a terceira edición do seu curso gratuÃto de formación dixital
mércores, 12 de febreiro do 2025
O Concello de Padrón, a través da Aula CeMIT local, vai organizar nas diferentes parroquias do termo municipal un curso de formación dixital gratuÃta que chega á súa terceira edición e que comeza o vindeiro mes de marzo, o dÃa 17, en horario de 19.00 a 21.00 horas, poñendo o foco no manexo dos dispositivos dixitais.
Esta formación, completamente de balde, permitirá coñecer máis sobre os problemas de conectividade, compartir e descargar arquivos asà como elixir os mellores asistentes virtuais e as súas utilidades. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Aula CeMIT do Campo do Souto a través da conta correo@padron.gal ou o teléfono 675 748 812 (horario de mañá). O prazo de inscrición remata o venres 28 de febreiro. A actividade levarase a cabo cun mÃnimo de 12 persoas inscritas.
Para os maiores
Ademais, do devandito, as persoas maiores de Padrón terán ao seu dispor un curso gratuÃto en CarcacÃa: unha actividade encadrada no programa Mellor Acompañad@s da Fundación Amigos de Galicia e que se vai impartir no Centro Sociocultural de CarcacÃa os dÃas 14, 21 e 28 de marzo, e o 4 de abril. Aprenderase ás persoas participantes a manexar as novas ferramentas gañar autonomÃa e apoderamento no seu dÃa a dÃa grazas ao seu adestramento dixital.