Padrón comezará o ano achegando á cidadanÃa competencias dixitais básicas contra o desemprego
martes, 31 de decembro do 2024
O Concello de Padrón vai comezar o ano con formación tecnolóxica destinada a fortalecer e asegurar o apoderamento e a empregabilidade da veciñanza. Esta formación incluirá un Curso de Competencias Dixitais Básicas, de 200 horas de duración, que se vai levar a cabo a partir do 13 de xaneiro en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, até o 25 de marzo.
O dito curso incluirá diferentes sesións de formación de balde para persoas en desemprego de Padrón e a súa contorna. A actividade inclúe a entrega dun computador portátil para as persoas participantes. O único requirimento para asistir é estar dada/o de alta no Servizo Público de Emprego.
O vindeiro mércores 8 de xaneiro celebrarase unha reunión informativa ás 11.30 horas na Aula CeMIT local, co obxectivo de explicar ás persoas interesadas os contidos e obxectivos da iniciativa. Quen precise máis información tena na web de DixigalÃzate, no teléfono 604 039 575 ou por correo electrónico.
O curso vén con tres niveis:
-Nivel básico: busca e xestión da información dixital, creación de contidos e moito máis.
-Nivel intermedio: programación básica, ferramentas de colaboración e resolución de problemas dixitais.
-Nivel avanzado: análise de datos, seguridade no entorno dixital e outras competencias clave.