Padrón lanza un amplo programa de cursos gratuÃtos de informática e novas tecnoloxÃas para 2025-2026
martes, 23 de setembro do 2025
O Concello de Padrón continúa apostando pola formación dixital da veciñanza e pon en marcha un completo programa de cursos gratuÃtos de informática e novas tecnoloxÃas, abertos a persoas de todas as idades, que se desenvolverán entre outubro de 2025 e xuño de 2026. A iniciativa contempla unha sesión ao mes, que se impartirá tanto na Aula CeMIT de Padrón (Campo do Souto nº2) como noutras parroquias do municipio, concretamente en Queiruga, A Ponte, Estramundi, CarcacÃa, Pazos, Cortiñas e Bascuas.
Segundo informou o Concello, os contidos foron concibidos para responder a necesidades prácticas da vida diaria. Inclúense aspectos como o uso seguro de Internet en diferentes franxas de idade, o manexo de aplicacións e ferramentas dixitais, a realización de trámites en liña e o uso da banca dixital. Amais, abordaranse recursos creativos, proxectos vencellados á Intelixencia Artificial e iniciación ao uso básico da Rede.
As sesións desenvolveranse en horario de 17:00 horas e requirirán un grupo mÃnimo de 12 persoas. As persoas asistentes poderán empregar o seu propio dispositivo ou utilizar os ordenadores dispoñibles no local.
As inscricións ficarán abertas ata dez dÃas antes de cada actividade e poderán formalizarse de xeito presencial na Aula CeMIT, a través da páxina web municipal, no teléfono 675 748 812, no correo electrónico correo@padron.gal ou mediante o código QR que figura no cartel informativo.
O programa está financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta coa colaboración de Cibervoluntarios.org, YoConecto.org e o Programa Generación D.
