Padronvirtual.com entrégalle un netbook a unha veciña de Rois

martes, 19 de xullo do 2011 Raquel Noya

O escaparate virtual que os comerciantes de Padrón estrearon na Rede hai cousa de medio ano para dar a coñecer os seus produtos e servizos alén dos seus lindes, prosegue a súa andaina con bo pé, logo de ter premiado a un novo cliente con material tecnolóxico, simplemente por ter usado este servizo en liña.
Padronvirtual.com é unha web que reúne aos comerciantes e empresarios da comarca do Sar e de concellos próximos, que cada pouco tempo realiza sorteos entre os seus usuarios e clientes máis fieis, e que desta volta premiou cun netbook da marca ASUS (valorado en máis de 280 euros doado pola empresa Vázquez Informática) a Eva Figueira, unha veciña de Rois.
O sorteo tivo lugar o pasado luns, 18 de xullo, porén xa se está a organizar o sorteo do vindeiro mes de agosto, no que se premiará cun bolso e neceser da coñecida marca Vaho Works (valorado en máis de 70 euros) a un novo usuario da web.
Asemade, o portal anuncia novidades para os vindeiros meses, nos que se levarán a cabo diferentes promocións no site da web en Facebook.

PUBLICIDADE