Padronvirtual.com sortea entre os usuarios da web unha fin de semana no rural da Mariña de Lugo

venres, 10 de agosto do 2012 Fernando Sarasketa

A Casa de Piego, establecemento rural emprazado na Mariña de Lugo

O portal de empresas de Padrón e a súa contorna, PadrónVirtual, vén de informar de novas actividades no seu seo para dinamizar o comercio da Comarca do Sar e arredores. E fano, para comezar, cun sorteo que se vai levar a cabo entre tódolos internautas que visiten a devandita web. O premio consiste nunha fin de semana de turismo rural para dúas persoas en A Casa de Piego, un emprazamento rural situado na Mariña de Lugo e que foi recentemente recoñecido coa Q de Calidade Turística. O sorte desenvolverase o 27 de agosto e nel poden participar, como dixemos, tódalas persoas que accedan á web, logo de cubrir un pequeno formulario.
Sinalar que padronvirtual.com tamén está a celebrar sorteos semellantes a través da súa presenza en Facebook, que arestora conta xa con 1.800 seareiras e seareiros, dispoñíbel para achegarlle información aos internautas de tódalas ofertas, novas e promocións das empresas integradas nesta iniciativa-portal, que a día de hoxe son máis de 250.

PUBLICIDADE