Pagan 870.000 dólares por unha copia de The Legend of Zelda

venres, 9 de xullo do 2021 Marcus Fernández

As poxas por videoxogos clásicos, moi especialmente para NES, están a acadar cantidades desorbitadas en Heritage Auctions, cunha escalada de prezos que levou a que pasasen de pagar 114.000 dólares por unha copia sen abrir de Super Mario Bros. a 660.000 dólares o pasado mes de abril; e agora temos unha nova marca cunha copia sen abrir de The Legend of Zelda para NES, que vendeuse por 870.000 dólares. Estamos ante a meirande cantidade pagada por un videoxogo nunha poxa pública, e o xogo en cuestión sería unha das primeiras unidades do clásico The Legend of Zelda de 1987, na súa edición estadounidense, cun estado de conservación magnífico.
A copia do xogo é especialmente valiosa por ser dunha tiraxe moi reducida, que púxose á venda á finais de 1987, xa que a primeiros de 1988 as copias do xogo eran lixeiramente diferentes. É bastante probable que esteamos ante a única copia sen abrir deste edición de The Legend of Zelda, e dado que corresponde ao inicio dunha das franquías de máis importancia de Nintendo, o valor a nivel de colección do produto é moi elevado, aínda que resulta moi difícil xustificar as cantidades que están a pagarse actualmente, xa que é pouco probable que poida manterse a escalada de prezos ao longo do tempo, xa que boa parte do seu valor correspóndese a unha compoñente nostálxica que claramente non se manterá co tempo.
Esta última poxa o que fai é crear expectación sobre o xogo que conseguirá superar o millón de dólares nunha poxa deste tipo.

PUBLICIDADE