Paideia e a EOI lanza unha aceleradora de startups de novas industriais musicais
venres, 29 de setembro do 2023
A Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa
Escola de Organización Industrial (EOI), oferta esta tempada un
programa de impulso e fortalecemento de startups (novas
iniciativas innovadoras) en industrias musicais: Sonidos Emergentes.
Trátase dunha aceleradora de cinco meses que
permitirá aos/as artistas posicionarse na industria musical “de
maneira máis rápida e profesional”. Está dirixido a todos os
estilos e a proxectos de calquera cidade do territorio español. O
programa contará con 50 horas de formación grupal, 40 horas de
aceleración individualizada one to one e sesións de
networking.
Os contidos serán, entre outros, os seguintes:
metodoloxías de aceleración na industria musical; estratexias de
aceleración, mercadotecnia dixital; marca persoal, identidade e
branding; lexislación
e propiedade intelectual; financiamento e investimento; estratexia
empresarial e produción artística; estratexias de comunicación,
directo; desenvolvemento de produto, producións audiovisuais,
estética e vídeo-clips, discursos e narrativas; e estratexias de
investimento, internacinalización e booking.