Panasonic Toughbook: un tablet Android resistente
venres, 17 de xuño do 2011
- O tablet de Panasonic terá unha pantalla de 10,1 polgadas e unha carcasa reforzada
Panasonic van vender o
último trimestre do ano un novo tablet co sistema operativo Android que destaca
por estar deseñado para ser especialmente resistente, para facelo axeitado para
utilizar en operacións de campo e para dotalo duns niveis de seguridade e
resistencia que esixen moitas empresas e administracións.
O Panasonic
Toughbook terá unha pantalla multi-táctil XGA de 10,1 polgadas, de alta
luminosidade e evitando o uso dunha pantalla brillante para facilitar a súa
lectura ao aire libre. Tamén incluirá un stylus
que funcionará coa súa pantalla para facilitar o rexistro de sinaturas a man
(especialmente útil para usos comerciais).
O tablet de Panasonic integrará GPS, unha boa autonomÃa, accesorios de alta
calidade e a posibilidade de configurarse con conectividade 3G ou 4G.
- O Panasonic Toughbook funcionará co sistema operativo Android