Panasonic amosa o tablet reforzado con Windows 8 máis lixeiro e delgado do mundo
mércores, 9 de xaneiro do 2013
Panasonic continúa a ampliar a súa gama de produtos
reforzados para soportar agresións fÃsicas, o que resulta imprescindible para
certos contornos industriais e para o seu uso en exteriores, adaptándoos ás
demandas de mercado, polo que xa non só ofrecen ordenadores portátiles
resistentes, senón que tamén atrévense cos tablets, amosando
estes dÃas en Las Vegas tanto o novo Toughpad JT-B1 (un tablet con pantalla de
7 polgadas e Android) e un máis rechamante Toughpad TZ-G1 (tablet cunha
pantalla de 10 polgadas e Windows 8 Pro). Este último produto serÃa o
tablet reforzado con Windows 8 máis lixeiro e delgado do mercado, que é capaz
de satisfacer as necesidades de case todos os usuarios grazas ás súas elevadas
prestacións, pois aparte de gozar dunha impresionante pantalla táctil de 10,1
polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles e capaz de verse baixo a luz
do sol, funciona cun procesador Intel Core i5 de entre 1,9 e 2,9 GHz
(dependendo da súa configuración), 4/8 Gb de RAM, 128/256 Gb de SSD, Bluetooth
4.0, Wi-Fi N, LTE/3G opcional, USB 3.0, HDMI, Ethernet, porto serie, GPS,
baterÃa substituÃble cunha autonomÃa de ata 8 horas e unha resistencia de grado
militar (MIL-STD-810G e IP65). Un tablet ideal para quen queira levar a oficina
a costas, para poder traballar case en calquera lugar sen ter que temer pola
integridade do seu equipo informático e coa comodidade de que adopte un formato
moi portátil.
Máis discreto é o Toughpad JT-B1, que conta cunha pantalla de 7 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, procesador TI OMAP4460 de dobre núcleo a 1,5
GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSDHC, Bluetooth
4.0, Wi-Fi N, LTE/3G opcional, micro USB, cámaras de 13 e 1,3 MpÃxeles e
baterÃa substituÃble de 5.720 mAh (que poderÃa achegar unha autonomÃa de ata 8
horas).
O Toughpad FZ-G1 estará dispoñible a partires de marzo a un prezo que parte dos
2.899 dólares, mentres que o Toughpad JT-B1 chegará en febreiro a un prezo de a
partir de 1.199 dólares.
- O novo tablet reforzado de Panasonic con Windows 8 destaca polo seu grosor e peso reducidos