Panasonic introduce NFC na LUMIX FG6

martes, 9 de abril do 2013 Marcus Fernández

Cada vez vemos a tecnoloxía NFC integrada en máis dispositivos, e o último en facer tal é Panasonic, que incorporou esta solución de comunicacións sen fíos á súa cámara sen espello LUMIX GF6, que aproveita o NFC para permitir a sincronización por Wi-Fi da cámara cun smartphone ou tablet con só tocarse, facilitando así máis doado compartir fotografías e incluso empregar o disparo remoto.
A LUMIX GF6 ten un sensor Live MOS de 16 Mpíxeles, fai uso do Venus Engine que mellora o procesamenteo de sinal e a redución de ruído, e incluso permite disparar fotografías a unha sensibilidade de ata un ISO 25.600. A cáamra conta cun veloz sistema de enfoque automático que opera con pouca luz e incluso pode aproveitarse durante a gravación de vídeo, facilitando que poidamos disparar unha fotografía en só medio segundo dende o acendido da cámara.
Tamén grava vídeo a 1.920 x 1.080 píxeles (a 60i/50i), ten unha pantalla táctil abatible de 3 polgadas, conta con numerosos filtros creativos (sen esquecer modos de disparo para autorretrato, panorámica ou animación en stop motion) e incluso conta con modos de uso asistidos para usuarios principiantes.
Queda agora por ver o prezo e a data de lanzamento desta atractiva cámara con lentes intercambiables.

PUBLICIDADE