Panasonic presenta novas cámaras LUMIX
mércores, 18 de xullo do 2012- A Panasonic LUMIX G5 achega a calidade dunha cámara réflex nun corpo compacto
A familia de cámaras Panasonic LUMIX vén de incorporar novas
referencias dirixidas tanto a profesionais como a usuarios afeccionados,
entre os que destaca a nova LUMIX G5, cámara con sistema micro catro terzos que
achega unha calidade dunha réflex no corpo dunha cámara compacta, que incorpora
un sensor Live MOS de 16,05 MpÃxeles, un procesador de imaxes Venus Engine e
alta sensibilidade (ISO 12.800), conseguindo unha calidade de imaxe
sorprendente, sen esquecer numerosas opcións de gravación de vÃdeo (1.080p a 50
imaxes por segundo), disparo a refoladas de 6 imaxes por segundo e novos
filtros creativos. Tamén conta cun visor de alta definición (1,4 MpÃxeles),
pantalla xiratoria e obxectivos intercambiables (como o novo LUMX G VARIO
45-150 mm, ideal para capturar imaxes en eventos deportivos ou de animais
salvaxes), chegando ás tendas no mes de setembro.
Tamén son novidade as LUMIX LX7, FZ200 e FZ62, aÃnda que preferimos destacar a
Panasonic LUMIX SZ5, por integrar Wi-Fi e DLNA, de xeito que convértese nun
dispositivo ideal para redes sociais, permitindo tamén o control remoto do
zoom, o obturador e o disparo da cámara a distancia dende o novo smartphone.
- A LUMIX SZ5 incorpora Wi-Fi, o que facilita a publicación de contidos na Rede e o seu control remoto dende un smartphone
VÃdeo de presentación da nova Panasonic LUMIX G5