Panasonic presenta novos portátiles orientados ao seu uso en talleres de vehÃculos
venres, 13 de febreiro do 2015
Atendendo á demanda de equipos informáticos resistentes para
o seu uso en exteriores e en contornos industriais ou simplemente moi agresivos
Panasonic ten unha completa gama de portátiles Toughbook dos que veñen de
desvelar un novo integrante, o Toughbook
CF-54, que é un equipo semirresistente con pantalla de 14 polgadas e
sistema operativo Windows 8.1 que poderiamos considerar como un equipo
todoterreo, pero que foi deseñado pensando nun contorno moi concreto: o sector
de diagnose de vehÃculos e servizos de talleres especializados.
Estamos asà ante uns portátiles a proba de balas, pero que como contrapartida ofrecerÃan
unhas dimensións máis comedidas e un peso máis lixeiro, chegando en diversas
configuracións moi potentes para un equipo deste tipo.
Por unha banda teremos un modelo básico, con pantalla de 14 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles (que pesa 1,99 quilos e ten un grosor de 29,8
milÃmetros), mentres que o modelo superior chega cunha pantalla IPS de 14
polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 e opción táctil (pesando o equipo
2,1 quilogramos e presentando un grosor de tamén 29,8 milÃmetros.
Entre as prestacións comúns de ambos modelos temos un potente procesador Intel
Core i5-5300U vPro, 4 GB de RAM (ampliable até 16 GB), disco duro de 500 GB ou
SSD de 128/256 GB, 3 conexións USB 3.0, 1 HDMI, 1 conexión LAN, 1 lector de
tarxetas SD, un espazo configurable (no que podemos instalar un DVD, unha
segunda baterÃa, un lector de smartcards ou unha PC Card), un porto
configurable (entre LAN, d-GPS, USB 2.0 e USB resistente), opcións VGA e 4G e
unha baterÃa cunha autonomÃa de até 11 horas que pode cambiarse en quente e que
cunha segunda baterÃa poderÃa conseguir unha autonomÃa total de até 18 horas.
Uns equipos realmente interesantes que sairá á venda a finais de mes a prezos
que estarÃan entre as 1.142 e as 1.662 libras esterlinas (sen impostos), ou
sexa, entre 1.544 e 2.248 euros aproximadamente.
- Pese a ser equipos semirresistentes, son bastante delgados e lixeiros