Panasonic presenta unha cámara compacta de 14,1 Mpíxeles que grava vídeo en Full HD

xoves, 22 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Panasonic está a traballar na ampliación da súa liña de cámaras fotográficas compactas, entre as que destaca especialmente a Panasonic Lumix DMC-FX700 por incorporar a posibilidade de gravar vídeo Full HD (1.920 x 1.080 píxeles en formato AVCHD), aínda que en funcións fotográficas tampouco queda corta cun sensor MOS de 14,1 Mpíxeles, un Ultra Gran Angular de 24 milímetros, obxectivo de alta luminosidade F2.2 Leica DC VARIO-SUMMICRON e un zoom óptico de 5x. Completa esta cámara unha pantalla táctil de 3 polgadas.
A FX700 conta con numerosos modos de disparo (iA, Deblur e ráfaga intelixente), enfoque ultra rápido, disparo en só 0,008 segundos e capaz incluso de tomar 10 imaxes de 14 Mpíxeles por segundo; conta cun estabilizador óptico de imaxe que impide o desenfoque, e outras posibilidades que facilitan a toma de imaxes e vídeos en distintas condicións. Tamén ten unha boa autonomía, de xeito que a súa batería permite disparar ata 300 fotografías cunha única carga.
Aínda que ata o mes de novembro non estará dispoñible esta cámara no mercado, nin será dado a coñecer o seu prezo final, é de agardar que estea preto dos 400 euros.

PUBLICIDADE