Pang Adventures estréase en Xbox One, PS4, PC e Android
martes, 19 de abril do 2016
Durante
a pasada ParÃs Games Week a
xente de DotEmu dábanos a grande nova de que estaban a preparar o xogo Pang Adventures, o retorno dunha
franquÃa que causara furor nos salóns recreativos nos anos 90 e que agora volve
cunha estética e mecánicas de xogos que lembran a Pang e Super Pang, pero cuns
gráficos debuxados dende cero, o que fai que o novo tÃtulo sexa agradable de
ver en pantallas de alta definición.
Dende hoxe é posible adquirir
Pang Adventures para PlayStation 4
por 16,99 euros, mentres que a versión para
Xbox One ofrécese por 9,99 euros, como a versión para PC en Steam
(que até o dÃa 25 ten un 10% de desconto). O xogo permÃtenos percorrer o mundo
a través de máis dun cento de niveis con cadanseus trucos e peculiaridades e
que poden superarse de xeito individual ou no divertido modo cooperativo local
(no que os dous irmáns protagonistas traballarán ombro con ombro para vencer ás
bolas de ataque que caen do ceo).
Pang Adventures teñen tres modos de
xogo distintos: Modo Tour (que convÃdanos a xogar percorrendo os seus niveis un
a un), Modo Puntos (retándonos a salvar o mundo con 3 vidas e ningunha
continuación) e Modo Pánico (no que haberá que enfrontar 99 niveis de batalla
continua, só apto para os máis hábiles).
Como nos xogos clásicos, os irmáns Pang poderán mellorar o seu equipamento para
disparar metralletas, lanzachamas, estrelas ninja... e como primeira vez na
saga, o xogo contará con xefes finais aos que haberá que esnaquizar para que
non completen a súa invasión á Terra.
O xogo tamén conta cunha versión para Android, que está á venda por só 2,99 euros e como principal carencia ten a evidente ausencia do modo multi-xogador local.
Tráiler de lanzamento de Pang Adventures