Pantalla WVGA para o novo HTC Touch HD

martes, 16 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O fabricante de móbiles HTC quere reforzar a súa presenza no mercado e presentou oficialmente o que será o HTC Touch HD, que é un terminal baseado en Windows Mobile 6.1 que destaca por contar cunha pantalla táctil de 3,8 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles.
O terminal é cuatribanda, conta con conectividade HSDPA a 7,2 Mbps, Wi-Fi e Bluetooth 2.0; non prescinde do GPS (con soporte de aGPS) e a súa cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático (e unha segunda cámara VGA para videochamadas) e o seu lector de tarxetas microSD axudan a completar un móbil que se podería alzar coma un dos máis representativos dos que chegarán ao mercado no último trimestre do ano.
O dispositivo mide 115 x 62,8 x 12 milímetros, pesa 146,4 gramos e a súa batería lle achega unha autonomía de 310 minutos en conversa e 390 horas en espera.

PUBLICIDADE