Parrot presenta os seus novos Minidrones

venres, 12 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Os drons son uns produtos emerxentes que están de máxima actualidade, e dende Parrot souberon subir á onda e achegalos ao ámbito máis puro do lecer cos seus Minidrones, pequenos dispositivos ultra-tecnolóxicos que véndense como xoguetes e que agora presentan a súa segunda xeración formada por 13 modelos repartidos en tres tribos.
Os primeiros robots de Parrot serían os da familia Jumping, destinados a moverse por terra, e que contrólanse mediante Wi-Fi (a 2,4 ou 5 GHz) mediante a aplicación de balde FreeFlight 3 (dispoñible para iOS e Android). Integran cámara de grande angular para poder emitir en streaming unha vista en primeira persoa do trebello, podendo capturar fotografías e vídeo na memoria flash de 4 GB, contan con altofalante e micrófono, teñen un sistema de molles patentado (para poder saltar até 80 centímetros de altura e lonxitude, aterrando sempre nas súas rodas), poden retraer as súas rodas para adaptarse a distintos estilos de condución e incluso pode programarse a súa ruta.
Estarán dispoñibles en dous modelos diferentes: os Jumping Night, que contan con iluminación LED para poder moverse en ambientes escuros, e os Jumping Race, que poden desprazarse até a 13 quilómetros/hora (mentres que o modelo anterior só chegaría aos 7) polo que serían ideais para xogar ás carreiras. Terían uns prezos de 199 euros.
Pensando no voo teriamos os robots teledirixidos Airborne, cunhas hélices cuns protectores de plástico, numerosos sensores para conseguir un voo estable, acelerómetro de 3 eixes e un xiroscopio para analizar cada movemento ou inclinar o dispositivo con precisión, unha cámara vertical para poder tomar imaxes aéreas que poden almacenarse na súa memoria flash de 1 GB, e un sensor ultrasónico de até 4 metros para poder controlar a altitude do minidrón. Cómpre destacar que estes dispositivos comunícanse co noso smartphone ou tableta mediante Bluetooth, de xeito que a distancia de control máxima sería de 20 metros.
Neste caso temos un dispositivo orientado a facer acrobacias aéreas, que chegará tamén en dous modelos: o Airborne Night, dotado con iluminación LED para operar con pouca luz, e o Airborne Cargo, que integra unha parte na que podemos colocar unha pequena carga (como un boneco). Os seus prezos serán de 129 e 99 euros respectivamente.
Pero o modelo máis rechamante, por ser totalmente novo, sería o Hydrofoil, que consistiría na colocación dun dron voador nunha base flotante semellante a un catamarán, o que permitiría ter un vehículo acuático capaz de desprazarse até a 5,4 nós na auga (18 quilómetros/ho no aire). Comunicaríase mediante Bluetooth a unha distancia de até 20 metros e o seu prezo de venda será de 169 euros.


Vídeo de presentación do Parrot Minidrone Hydrofoil

PUBLICIDADE