Patapon volve á PSP en abril

venres, 25 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Parece difícil de crer que un xogo tan sinxelo coma Patopon, no que o usuario fai do deus dunhas criaturas ás que controlar marcándolles un ritmo determinado para cada acción (como avanzar e atacar) puidese non só ter unha secuela, senón ter xa en preparación unha terceira parte, que chegar á PSP tanto en formato físico (UMD) coma en descarga a través da PlayStation Network.
Patapon3: The Legend Returns será unha nova entrega continuista, na que deberemos volver a controlar a un grupo de Patapóns (os guerreiros Ton, Chin e Kan) para enfrontarse a unha nova ameaza maléfica que pon en perigo o mundo dos Patapon.
Este novo título chegará aos EE.UU. o 12 de abril a un prezo de 19,99 dólares, agardándose que a súa chegada as tendas europeas sexa pouco tempo despois.


Trailer de Patapon 3

PUBLICIDADE