Pechan cautelarmente Mundofutboll.com
luns, 21 de setembro do 2009
O xulgado de instrución
nº 1 de Málaga decretou o peche
cautelar da páxina web mundofutboll.com, dedicada a difundir sen
autorización partidos de fútbol emitidos a través de Digital+, plataforma que
denunciou esta actividade a finais de 2008.
Esta actuación sorprende despois de que casos semellantes coma os que afectaban
a Rojadirecta.com e TVMix.net rematasen co arquivo
das súas respectivas causas.