Pedro Blanco reivindica en Vigo a loita contra os discursos de odio nas redes

xoves, 24 de xullo do 2025 S. P.

O delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, destacou en Vigo este 24 de xullo “o compromiso do Gobierno coa formación dixital da mocidade para combater os discursos de odio nas redes”. Fíxoo durante a visita a unha das formacións do Programa Campamentos Dixitais que impulsa o Ministerio de Mocidade e Infancia e en colaboración, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios. Estivo acompañado pola concelleira de Educación de Vigo, Olga Alonso, e polo responsable de Incidencia Social e Cultural da entidade, Antonio Pulido.
Pedro Blanco destacou que estes cursos “representan unha necesidade democrática” para protexer á xente nova dos perigos que esconde a Internet, fomentar o seu pensamento crítico e, ao mesmo tempo, aprenderlles a gozar da tecnoloxía.
Engadiu que “o Goberno actúa para impulsar unha sociedade inclusiva, plural e respectuosa, contrarrestando o avance dos discursos de odio con educación, datos e impulso aos valores democráticos”.
Pedro Blanco agradeceu o seu labor á Fundación Cibervoluntarios por realizar a iniciativa dos Campamentos Dixitais como o que leva a cabo ena Vigo e en milleiros de vilas e cidades de Galicia e de toda España, así como tamén destacou a estreita colaboración do concello olívico para desenvolver estas actividades ao prestar varias das súas instalacións.
“Con estes Campamentos Dixitais, que financiamos desde o Goberno co Plan de Recuperación, imos chegar os 4.400 galegos, máis de 400 só en Vigo”, incidiu engadindo que por provincias, en Pontevedra formaranse uns 1.370 mozos e mozas, en Lugo farano 570 beneficiarios e beneficiarias, en Ourense reciben e recibirán a formación uns 650 e na Coruña superaranse os 1.800 mozos e mozas usuarios.
O Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, que promove estes campamentos, está dotado con 220 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Con el, o Ministerio de Mocidade e Infancia forma en toda España a 950.000 menores. Os Campamentos Dixitais, que se promoven con estas partidas, responden á necesidade de que a nenez e a mocidade “conten con ferramentas axeitadas para desenvolverse nunha contorna cada vez máis dixitalizada”. O obxectivo é “formar no uso seguro e responsable da tecnoloxía, potenciar o talento dixital e fomentar o pensamento crítico entre os máis novos, con especial atención a aqueles en situación de maior vulnerabilidade dixital, ao ser estas actividades completamente gratuítas para as e os usuarios”.