Pendulo Studios prepara un videoxogo de Tintín

luns, 22 de agosto do 2022 Marcus Fernández

A banda deseñada de As Aventuras de Tintín: Os Xarutos do Faraón poderase gozar en forma de videoxogo en 2023 da man de Microids, editora que encargou este traballo ao estudio español Pendulo Studios, que desenvolverá o xogo de aventuras para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC.
Deste xeito, o usuario poderá acompañar a Tintín e Milú na súa procura da tumba do faraón Kih-Oskh, viaxando por Exipto, India e Arabia, e tendo que investigar un caso de drogas en Oriente.
O xogo contará cun contorno gráfico coidado, fiel ao estilo de debuxo de Hergé, de xeito que os seareiros do reporteiro belga gozarán enormemente desta aventura interactiva.

O profesor Ciclón instigou a Tintín a saír na procura da tumba do faraón Kih-Oskh

Vídeo de presentación do novo xogo de Tintín

PUBLICIDADE