Pequeno ordenador con forma de cubo
xoves, 28 de agosto do 2008- O Space Cube xunto a unha mazá para deixar constancia gráfica do seu reducido tamaño
Algúns equipos
informáticos parecen creados máis para ser rechamantes que para atender á
demanda do mercado, e tal parece ser a intención do Space
Cube, un ordenador cun procesador a 300 MHz, 64 Mb de RAM, 1 Gb de
memoria CompactFlash, conectores de audio, Ethernet, VGA e USB cunha forma exterior
que poderÃa lembrar a unha nave
Borg da serie de televisión Star Trek,
posto que é case cúbica, medido 52 x 52 x 45 milÃmetros.
Este minúsculo equipo está preparado para funcionar con Linux, e non ten moita
potencia, pero tamén ten un consumo moi reducido (5 vatios), aÃnda que o seu
prezo é totalmente desproporcionado (pois poderÃa
custar uns 1.860 euros).
Non parece que vaia a ser un éxito comercial, pero servirá de exemplo de
integración para desenvolvementos futuros.