Pequeno reprodutor multimedia HD de baixo consumo de HABEY
mércores, 11 de marzo do 2009
Un
fabricante relativamente descoñecido, HABEY, sorprende presentando un pequeno
ordenador, modelo
BIS-6550HD, baseado nun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz que
promete ser capaz
de reproducir vÃdeo en alta definición a 1.080p.
Este equipo con saÃdas HDMI, VGA, composto e S-Video soportara ata 2 Gb de RAM,
conta con opcións de comunicacións sen fÃos e sintonizadora de televisión con
soporte de alta definición, carece de ventilador para garantir un funcionamento
silencioso, integra un lector de tarxetas de memoria, 1 interface IDE e 2 SATA
II (con soporte de unidades SSD), 4 portos USB 2.0 e Gigabit Ethernet.
O dispositivo álzase coma un reprodutor de vÃdeos en alta definición de baixo
consumo, asegurando o seu fabricante que é capaz de reproducir un vÃdeo en
H.264 a 1.080p (Full HD) usando menos do 15% dos 2,5W do procesador Atom
integrado, conseguindo unha eficiencia en consumo de CPU 8 veces maior á dun
procesador Intel T7300 Core 2 Duo. O consumo total do equipo reproducindo
contidos en alta definición serÃa de menos de 13 W, o que incluso quedarÃa por
debaixo do consumo de moitas tarxetas gráficas.
Falta por coñecer o prezo e a data de lanzamento deste interesante trebello que
mide 205 x 153,2 x 48,2 mm.