Pere Castellvà inaugura o ciclo Educación Século XXI poñendo o foco na IA e a saúde mental da adolescencia
mércores, 25 de febreiro do 2026
O investigador e profesor Pere Castellvà inaugura o vindeiro xoves as actividades do ciclo Educación Século XXI no primeiro semestre do ano. Faro na sede de Afundación, coa relatorio IA e Saúde Mental: Aliada ou ameaza para a adolescencia?, que é gratuÃto.
O ciclo Educación Século XXI propón no primeiro semestre do ano tres actividades relacionadas cos retos que supón a irrupción da IA en relación cos menores. A súa utilidade, e os seus riscos, como ferramenta educativa, e os retos que formula coma fenómeno social serán os temas aos que se lles dedicarán as conferencias.
Con esta actividade, que a Obra Social de Abanca organiza dende 2016, Afundación xera un punto de encontro para a reflexión e a divulgación de coñecemento para a comunidade escolar. Presentacións coma a de Castellvà realÃzanse en dobre sesión. Unha matinal só para centros educativos, e á que asisten alumnado e profesores e outra para o público xeral. No caso da actividade con Pere CastellvÃ, o encontro coa comunidade escolar será o dÃa 26 ás 11:00. Xa ás 19 horas celebrarase a conferencia aberta ao público.
Pere Castellvà Obiols é profesor agregado do Departamento de PsicoloxÃa ClÃnica e da Saúde da Universitat Autònoma de Barcelona, doutor en PsicoloxÃa e mestrado en psicopatoloxÃa e en saúde pública. Investiga na promoción do benestar mental e a prevención do suicidio en mozos. E nos últimos anos especializouse na aplicación e nas repercusións da intelixencia artificial na saúde mental desde un punto de vista ético.
Na súa conferencia, abordará as transformacións que a intelixencia artificial está a xerar a forma na que entendemos e tratamos a saúde mental, tamén en adolescentes.
Castellvà referirase a interrogantes coma os vencellos de dependencia que se poden chegar a establecer coas máquinas na adolescencia, ou as responsabilidades do fomento nas persoas, especialmente nas máis novas, por parte de tecnoloxÃas dotadas de intelixencia, de condutas non apropiadas. Tamén convidará ao público a reflexionar, Pere CastellvÃ, sobre como deseñar unha IA que respecte a dignidade, a privacidade, e a autonomÃa das persoas.
Máis conferencias
A IA coma recurso para a aprendizaxe, por unha banda, e o seu impacto como fenómeno social, pola outra, serán os seguintes temas que abordará o ciclo este semestre en senllas conferencias.
O 17 de marzo, en Vigo, o profesor e experto Francisco Bellas falará co público e a comunidade escolar sobre a aplicación da IA nos procesos educativos. O tÃtulo da súa conferencia é: Intelixencia Artificial en educación? Si, pero con cabeza: aprender a usala sen perder o control.
Xa o 22 de abril, a Sede de Afundación na Coruña acollerá a presentación Instrucións para ser humano. As instrucións estarán impartidas por Iaia Visenta, un avatar dotado de intelixencia artificial, que representa a unha muller de idade avanzada e que acumula millóns de seguidores en redes sociais.
As conferencias deste ciclo poden seguirse en directo ou visionarse baixo demanda en Afundacion.tv.
