Perplexity ofrece 34.500 millóns de dólares por Chrome
martes, 12 de agosto do 2025

- Aravind Srinivas (Perplexity)
A startup de intelixencia artificial Perplexity presentou unha oferta non solicitada de 34.500 millóns de dólares para adquirir o navegador web Chrome, nun movemento que chega en pleno debate xudicial sobre o dominio de Google no mercado da busca na Internet.
Nunha carta dirixida a Sundar Pichai ( Alphabet), Aravind Srinivas (Perplexity) argumenta que a súa compra «satisfarÃa un remedio antimonopolio de máximo interese público» e comprométese a manter Chromium como proxecto de código aberto e a conservar Google como buscador predeterminado.
A proposta, que supera amplamente a última valoración de Perplexity (14.000 millóns de dólares), conta co apoio de varios fondos de capital risco. Chega mentres o xuÃz federal Amit Mehta avalÃa se obriga Google a desprenderse de Chrome como parte das medidas para reducir o seu control sobre o sector, despois de que no 2024 declarase que a compañÃa monopolizou ilegalmente o mercado. O xuÃz tamén valora outras posibles solucións, como restrinxir os acordos exclusivos de Google con fabricantes e desenvolvedores ou obrigala a compartir datos cos rivais, nun contexto no que as ferramentas de IA comezan a erosionar o negocio tradicional da busca.
Google, que concentra máis do 60 % da cota global de navegadores web e ten arredor de 3.500 millóns de usuarios, non manifestou intención de vender Chrome e advertiu que unha medida asà poderÃa prexudicar o seu negocio e a seguridade dos usuarios.
