Philips GoGear Connect, o novo reprodutor multimedia con Android 2.1
martes, 31 de agosto do 2010
Philips levará esta semana á
feira IFA o seu novo reprodutor multimedia Philips
GoGear Connect, que destaca por ser «o
primeiro reprodutor MP4 en ofrecer unha experiencia Android completa» (pois
permite o acceso ao Android Market). Conta cunha pantalla táctil de 3,2
polgadas cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles, tecnoloxÃa FullSound, sincronización
da súa música mediante Philips Songbird (tanto por USB coma por Bluetooth), GPS,
compás dixital, lector de tarxetas microSD, integra cámara para gravar vÃdeo e
tomar fotografÃas, pesa 128 gramos e mide 113 x 12,6 x 59 milÃmetros.
Poderiamos comentar que este reprodutor multimedia serÃa o máis semellante que
podemos atopar no mercado a un móbil con Android 2.1 coas funcións de teléfono
desactivadas, e sairá á venda a finais de outubro a un prezo de 249 euros na
súa versión con 16 Gb de capacidade de almacenamento interna.
Sobre os formatos
soportados polo dispositivo, teremos imaxes en JPEG, GIF, PNG, BMP e TIFF,
música en MP3, WMA, M4A (AAC), OGG e FLAC e vÃdeo en WMV, MP4 (MPEG-4 e H.264
ata 720p) e AVI (MPEG-4 de ata 720p).