Philips pon á venda en China un smartphone con batería de 5.300 mAh

luns, 21 de abril do 2014 Marcus Fernández

Aínda que non estamos afeitos a ver a Philips como un fabricante de móbiles, resulta difícil non destacar o último smartphone que vén de pór á venda en China, o Philips W6618, que pese a ter unhas prestacións bastante modestas (pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 540, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento ampliable mediante microSD, cámara traseira de 8 Mpíxeles e sistema operativo Android 4.2) consegue chamar a atención ao incorporar unah batería de 5.300 mAh, chegando a superar en capacidade a moitos tablets do mercado, pese a ter un tamaño moi inferior, polo que é de prever que teña unha autonomía extraordinaria sen ten un grosor excesivo (11,4 milímetros).
Este smartphone con dobre SIM e conectividade WCDMA/GSM podería aguantar un par de meses en espera e preto de día e medio en conversa, e o seu prezo oficial é de 1.699 iuans (197,28 euros). Un dispositivo que parece responder mellor ás demandas do público que a meirande parte dos smartphones que as compañías empregan como buques insignia.

PUBLICIDADE