Philips recupera a súa radio de 1955
xoves, 14 de febreiro do 2013
Para revivir os vellos tempos Philips pon á venda Radio
Original, un receptor de radio inspirado no deseño da popular radio que
comercializara a compañÃa holandesa en 1955, pero incorporando o último en
tecnoloxÃa, de xeito que pode recibir tanto radio FM como radio dixital (DAB+),
contando cunha grande pantalla LCD retroiluminada (na que tamén podemos ver a
hora) e unha entrada de audio para poder empregar o dispositivo como uns
elegantes altofalantes externos que dan un toque clásico ao fogar.
Este receptor de radio con sintonización automática, 30 presintonÃas e
altofalantes Bass Reflex porase
á venda o vindeiro dÃa 1 a uns 230 euros. Tamén estará dispoñible nunha versión
que integra unha base para iPhone/iPod.
- A Radio Original tamén está dispoñible nun modelo con base para iPhone/iPod