Picasa adapta a súa web para o iPhone

xoves, 13 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Google continúa a súa carreira por adaptar os seus servizos ó móbil de Apple e agora é o seu servizo de álbums fotográficos Picasa, polo que os usuarios que garden as súas fotografías na Internet poderán consultalas sen ter que copialas ó seu iPhone, presentando unha aparencia optimizada para o dispositivo.
Este cambio do servizo de Picasa Web Albums corresponde á mala experiencia de navegación web detectada polos propios traballadores de Google, que decidiron adaptar o código da páxina web para que funcione de xeito agradable na versión móbil do navegador Safari.
Picasa permite o acceso a coleccións de imaxes e fotografías propios e de amigos, que se poden xestionar doadamente mediante unha aplicación informática de escritorio dispoñible tanto para usuarios de Windows coma de Mac OS X.

PUBLICIDADE