Piden a DeepSeek información sobre como realiza o tratamento de datos persoais
mércores, 29 de xaneiro do 2025
Ao igual que hai un par de anos a autoridade encargada por velar pola protección de datos de carácter persoal en Italia prohibiu o uso de ChatGPT mentres non quedase claro se OpenAI estaba a cumprir co Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea, agora está a realizar movementos semellantes de cara ao chatbot de DeepSeek, tanto na web como na súa aplicación móbil, polo que están a solicitar información ás empresas que lle dan servizo: Hangzhou DeepSeek Artificial Intelligence e Beijing DeepSeek Artificial Intelligence.
O organismo italiano considera un grande risco para os italianos que se estean a recoller e tratar os seus datos en servidores situados na China, polo que queren saber o tipo de información que se recolle e tamén os datos que se empregan para adestrar o sistema de IA e, no caso de coller datos persoais capturados da web, que indiquen como se informa ao usuarios sobre o tratamento dos seus datos, tendo as empresas 20 dÃas para responder.
A autoridade de protección de datos de Irlanda tamén terÃa feito o mesmo, pero só en relación aos datos dos irlandeses, e non como representación de todos os cidadáns europeos, como fixeron noutras ocasións xa que moitas empresas de EE.UU. fixan a súa sede europea en Irlanda, algo que DeepSeek non fixo polo momento.