Piden a retirada de X e Grok das tendas de aplicacións ante a proliferación de imaxes ilegais creadas pola súa IA
venres, 9 de xaneiro do 2026

- Ata no Senado dos EE.UU. consideran que X e Grok están fóra de control
Que ante a proliferación en X de contidos gráficos xerados pola súa propia intelixencia artificial que poderÃan considerarse como pornografÃa infantil e que en moitos casos simplemente son ataques á honra das persoas xerando imaxes sexualizadas das mesmas sen o seu consentimento, a resposta da compañÃa de Elon Musk fose limitar a xeración de imaxes a través de Grok ao usuarios de pagamento (que por outra parte son os máis tóxicos da plataforma) foi considerado polo Goberno do Reino Unido como «insultante» e dende os EE.UU. tamén hai movementos como o dos senadores Ron Wyden, Ed Markey e Ben Ray Luján, que escribiron unha carta aberta aos máximos responsables de Apple e Google pedindo a retirada das súas tendas de aplicacións de X e Grok pola «xeración masiva de imaxes sexualizadas non consensuadas de mulleres e nenos».

- O sistema de edición de imaxes en X segue a funcionar sen que sexa precisa a interacción con Grok
Cómpre salientar que a pasividade de X con este problema vai en contra das normas das tendas de aplicacións, que deberÃan ter expulsado as aplicacións que facilitan a creación das polémicas imaxes hai xa un par de semanas, de aà que medios como The Verge estean a acusar a Tim Cook (Apple) e Sundar Pichai (Google) de seren uns covardes, pois están ignorando as normas das súas respectivas plataformas simplemente para non molestar a Elon Musk, polas repercusións que poderÃa iso ter ante a Administración Trump.
Tamén hai que lembrar que os lÃmites impostos en X nas últimas horas só se corresponden a solicitudes remitidas textualmente a Grok (que é o que indica que as funcións de creación e modificación de imaxes de Grok están limitadas a usuarios de pagamento), manténdose plenamente o editor de imaxes dispoñible en todas as imaxes publicadas en X, polo que segue aberta a porta a realizar abusos de moitos tipos e a atentar de xeito extremadamente doado contra a dignidade das persoas.
