Pimax presenta un visor de VR con resolución 8K e un formato lixeiro e compacto
martes, 24 de decembro do 2024
O mercado dos visores de realidade virtual para PC segue bastante activo, pese ao dominio case absoluto dos dispositivos Meta Quest, pola súa inigualable relación entre prezo e prestacións, pero iso non frea a outros fabricantes a lanzar produtos máis avanzados, conscientes de que chegarán a un público moito máis limitado.
Unha das compañÃas que leva anos ofrecendo produtos de grandes prestacións é Pimax, que vén de presentar o novo Pimax Dream Air, o que será o visor con resolución 8K máis compacto do mercado, con seguimento de cabeza, vista e mans, integración de audio espacial, conexión Display Port e unha correa auto-axustable, que parece querer converterse nunha opción para os que queren gozar dunha calidade de imaxe á altura da que achegan as Vision Pro de Apple.
O Pimax Dream Air é un visor de realidade virtual para PC, con paneis micro-OLED cunha resolución de 3.840 x 3.552 pÃxeles por ollo, lentes pancake e un ángulo de visión de 102 graos, ou sexa, que prometen unha calidade visual lixeiramente superior á das Vision Pro, coa vantaxe de que este dispositivo consegue ter un peso inferior aos 200 gramos (mentres que o trebello de Apple supera os 600 gramos), polo que achegarÃa unha experiencia superior á hora de consumir contidos.
Tamén conta con seguimento de mans e seguimento de ollos, para poder empregarse dun xeito semellante ao visor de Apple, pero tamén inclúe mandos con resposta háptica, de xeito que serÃa compatible cos videoxogos de VR para PC. Os seus altofalantes integrados prometen audio espacial de calidade, asà como tamén aseguran que o micrófono integrado tamén é de alta calidade. Será posible adquirir lentes para adaptar o visor a usuarios que precisen lentes graduadas.
Este visor conta cunha pequena petaca que hospeda un procesador Qualcomm Snapdragon XR2 e baterÃa, seguindo asà a pauta de deseño do visor de Apple, e facilitando a posibilidade de consumir contido sen axuda dun ordenador persoal, aÃnda que as mellores experiencias chegarÃan da conexión do visor a un potente PC a través de USB-C, destacando o feito de que o visor acepta sinais Display Port, polo que pode empregarse a xeito de pantalla externa con numerosos dispositivos (dende ordenadores até smartphones). Pimax tamén prepara un adaptador para poder gozar da realidade virtual para PC sen fÃos.
Estamos ante un produto que é todo un portento, pero que sorprende pola súa fórmula de comercialización, xa que para facerse cun Pimax Dream Air haberá que pagar un adianto de 1.199 dólares ao que haberÃa que engadir 24 cotas mensuais de 32,99 dólares ou un único pagamento de 696 dólares, ou sexa, que terÃa un prezo total de 1.895 dólares (1.823 euros). Un produto que supón un desembolso importante, pero que custarÃa preto da metade que o visor de Apple, polo que pode resultar atractivo para os que queiran gozar dunha experiencia audivisual envolvente de alta calidade a un prezo axustado e sen dicir adeus ás experiencias de realidade virtual máis tradicionais (que non están presentes para Vision Pro principalmente pola ausencia de mandos fÃsicos).
VÃdeo promocional do Pimax Dream Air