Pioneer presenta a súa gravadora de Blu-ray a 12x
mércores, 30 de setembro do 2009
Pioneer anunciou hoxe a súa gravadora
de discos Blu-ray BDR-205, que é a primeira do mercado en gravar a 12x en
discos de unha ou dúas capas (de 25 e 50 Gb respectivamente), resultando
igualmente válida para a gravación de DVD e CD, medios para os que consegue
velocidade de escritura de 16x e 40x respectivamente.
Esta unidade interna porase
á venda no primeiro trimestre de 2010 a un prezo de 249 dólares (170,13
euros), facilitando tanto o almacenamento dos contidos de 10 discos DVD-R nun
único Blu-ray ou a gravación de vÃdeo en alta definición.