Pipe Mania volverá ás videoconsolas este ano

venres, 7 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Imaxe dunha versión de Pipe Mania para PlayStation

The Assembly Line desenvolveu en 1989 un videoxogo coñecido coma Pipe Dream ou Pipe Mania (na súa versión para Commodore Amiga), que contou con conversións a moitas plataformas coma os ordenadores de 8 bits (Spectrum, Amstrad CPC ou C64), consolas de videoxogos (GameBoy ou NES) e máquinas recreativas, converténdose nun título de referencia que deu lugar a moitos outros títulos que imitaban a súa dinámica de xogo, como tamén acontecera co popular Tetris.


Versión para recreativas de Pipe Dream

Agora, o xogo de tuberías renacerá grazas a que a británica Empire Interactive desenvolverá e publicará novas versións de Pipe Mania para Nintendo DS, Wii, PSP, PlayStation 2, Xbox LIVE Arcade e PC antes de rematar o ano.
A nova entrega do xogo incluirá novos modos de xogo, novos escenarios, mecánicas de xogo e pezas de tubería.

PUBLICIDADE