Plants vs Zombies</Em> chega ao Android Market
mércores, 14 de decembro do 2011
O grande éxito de PopCap Games, Plants
vs Zombies, chegou hoxe ao Android Market a un
prezo de 2,39 euros, de xeito que este xogo que xa leva tempo no
iPhone e no iPad está finalmente dispoñible tamén para os dispositivos co
sistema operativo Android (para os que estaba presente ata o momento só a través
da Amazon App Store, inaccesible dende Europa).
O xogo permite colocar unha serie de plantas no xardÃn e no tellado do noso
fogar para evitar un ataque de mortos viventes. Tanto as plantas coma os zombis
teñen distintas habilidades, para dar pé a un completo tower defense, no que tempos 49 variedades de planta e 26 tipos de
zombi.
Plants vs Zombies conta con 50 niveis
no modo Aventura, 10 divertidos logros, gráficos moi simpáticos, boa banda
sonora e un vÃdeo musical adicional para os que consigan completar un dos xogos
adaptados a máis plataformas nos últimos tempos, confirmándose nas últimas horas que tamén dará o salto á PS Vita en 2012.
- Os zombis intentan cruzar o xardÃn para meterse na nosa casa, o que poderán evitar as plantas que coloquemos no seu camiño
- Os distintos niveis do xogo inclúen fases con piscina, néboa e mesmo no tellado da casa que temos que protexer dos mortos viventes
- Plants vs Zombies terá versión para PS Vita