Plants vs Zombies chegará á Xbox 360 antes de rematar o ano
martes, 20 de xullo do 2010- Ata o momento a versión de Plants vs Zombies con maior resolución gráfica é a do iPad
Tras nacer coma
xogo para PC, Plants vs Zombies
converteuse en todo un fenómeno de éxito en múltiples plataformas coma o iPhone
e o iPad (nunha versión HD considerada como a mellor entrega deste tÃtulo) e
por iso dende PopCap Games queren continuar a trasladar o xogo no que temos que
defender o noso fogar ante un ataque de zombies
colocando plantas defensivas a novos ámbitos, polo que finalmente chegarás ás
consolas de videoxogos, concretamente á Xbox 360, nun xogo
descargable que poderá adquirirse por 1.200 puntos (14,4 euros),
aÃnda que tamén será posible mercalo en soporte fÃsico xunto cos xogos Zuma e
Peggle por un prezo de 19,99 dólares.
A versión para Xbox 360 de Plants vs
Zombies será a máis completa ata o momento, con 7 modos de xogo (entre os
que se inclúe 2 modos multi-xogador totalmente novos), 12 logros únicos e 21
minixogos. Os gráficos deste tÃtulo estarán a unha resolución de 1.920 x 1.080
pÃxeles, o que suporá unha importante mellora sobre a versión de iPad (que
situaba o teito en 1.024 x 768 pÃxeles).