PlayStation Hits, a nova liña económica de xogos para PS4

martes, 19 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Cando unha consola de videoxogos madura é habitual ver como o seu fabricante lanza unha liña de xogos considerados imprescindibles a un prezo reducido, e finalmente chegoulle o momento á PlayStation 4 o 18 de xullo lanzarase a familia PlayStation Hits, que recollerá unha ampla colección de títulos tanto en establecementos físicos como a través da PlayStation Store a un prezo de só 19,99 euros.
Amais, tamén porase á venda un lote de consola PlayStation 4 cun disco duro de 1 TB e 3 xogos (Uncharted 4, The Last of Us Remastered e Ratchet & Clank) a 349,99 euros, o que semellan unha selección moi atinada para introducirse na consola de Sony.
A serie de xogos PlayStation Hits nacerá cos seguintes títulos: Bloodborne, Driveclub, inFAMOUS Second Son, Killzone Shadow Fall, The Last of Us Remastered, LittleBigPlanet 3, Ratchet & Clank, Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, Need For Speed, Need For Speed Rivals, EA Sports UFC 2, Yakuza Zero, Earth Defense 4.1: The Shadow of New Despair, Project CARS, Dragon Ball Xenoverse, Dynasty Warriors 8: Xtreme Legends Complete Edition, Watch_Dogs, Assassin’s Creed IV Black Flag, Rayman Legends, Mortal Kombat X, Batman Arkham Knight, La Tierra Media: Sombras de Mordor e Street Fighter V. A colección irá incorporando novos títulos periodicamente, facilitando así o acceso aos clásicos modernos para PS4.

inFAMOUS: Second Son e Bloodborne son dous dos grandes xogos que poderán mercarse por 19,99 euros como prezo oficial
A familia PlayStation Hits nace con integrantes de peso como Uncharted 4 e Ratchet & Clank

PUBLICIDADE