PlayStation Plus Premium por fin permite probar o streaming de xogos de PS5
mércores, 14 de xuño do 2023
Sony vén de
anunciar algúns dos xogos que se incluirán a PlayStation Plus a semana que vén
(como Far Cry 6, Teeanage Mutant Ninja Turtles: Shredder’s Revenge,
Deus Ex: Mankind Dived ou Inscryption), aproveitando a ocasión
para realizar un anuncio de grande importancia: están
a probar o xogo en streaming para os xogos de Playstation 5 compatibles
(inclúe os xogos de PS5 no catálogo de PS Plus e os xogos de PS5 que o usuario
xa teñan en dixital).
Esta nova funcionalidade pretende estar dispoñible para os subscritores de
PlayStation Plus Premium, que asà poderán gozar de moitos dos últimos xogos sen
a necesidade de descargalos primeiro, o que supón un grande valor engadido para
a subscrición, e que resulta especialmente práctico para probar tÃtulos para
asà decidir se queremos instalalos.
Polo momento o xogo en streaming en PlayStation 5 limitábase a tÃtulos de PS3 e
PS4 e outros xogos clásicos, pero agora está a abrirse a xogos recentes, co que
Sony parece querer que o seu servizo non quede fóra de xogo cando o comparamos
co de Xbox, o que pode non resultar moi relevante hoxe, pero si pode resultar
transcendental a longo prazo, xa que moitos entenden que o xogo na nube será o
futuro.