PlayStation Plus estrea xogos de PS5 na súa selección mensual

xoves, 31 de decembro do 2020 Marcus Fernández

O servizo de subscrición PlayStation Plus comeza 2021 cunha importante novidade: a incorporación á selección de xogos mensuais cun título para PlayStation 5, que desta volta será o arrepiante xogo de rol de mundo aberto Maneater. Neste curioso título controlaremos a unha quenlla dende que é unha cría até que se converte nun grande depredador na busca de vinganza.
Pero o título estrela do mes de xaneiro será sen dúbida Shadow of the Tom Raider, a terceira e derradeira entrega das aventuras de Lara Croft na súa última revisión, que desta volta terá que loitar para salvar o mundo da apocalipse maia. Este xogo para PlayStation 4 estará acompañado por Greedfall, un xogo de rol de acción no que explorar unha illa chea de maxia, riquezas, segredos e criaturas fantásticas.
Como extra, os usuarios españois tamén poderán facerse con Dawn of Fear, xogo de terror desenvolvido polo estudio valenciano Brok3snite.

PUBLICIDADE