PlayStation Plus ofrecerá o xogo Call of Duty: WWII
luns, 25 de maio do 2020
Sen agardar ao anuncio oficial do xogos que formarán parte
de PlayStation Plus no mes de xuño, adiantan que dende mañá
estará dispoñible para os subscritores o xogo Call of Duty: WWII, o
que será unha boa oportunidade para gozar deste xogo de acción en primeira
persoa que foi considerado como un regreso ás raizames da saga, cunha
redefinición da II Guerra Mundial, que foi moi benvida tras varias
entregas futuristas da franquÃa.
Call of Duty: WWII para
PlayStation 4 foi a entrega da franquÃa na campaña de Nadal de 2017, contando
con modo campaña, modo multixogador e tamén o xa tradicional modo zombis. Este
tÃtulo poderÃa achegar a moitos xogadores a unha entrega ordinaria da saga
(que ultimamente está a captar moita atención por parte da súa versión free
to play, Call of Duty
Warzone) coincidindo moi probablemente coa presentación da entrega
deste ano, que segundo
filtracións serÃa Call of Duty: Black Ops Cold War, tÃtulo que dá
boas pistas sobre o rumbo que poderÃa tomar o xogo (que estarÃa centrado en operacións
encubertas en plena Guerra FrÃa).
- O xogo que ofrecerá PlayStation Plus está ambientado na II Guerra Mundial
- Call of Duty: WWII é unha das moitas entregas da saga que inclúe o modo zombis.