PlayStation Plus sube o prezo das súas subscricións anuais

xoves, 31 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Co anuncio dos xogos mensual de PlayStation Plus para o mes de setembro, que serán Saints Row, Black Desert – Traveler Edition e Generation Zero, Sony informou de que a partir do 6 de setembro incrementarán o prezo das subscricións de 12 meses a PlayStation Plus en todo o mundo, co que pretenden manter o nivel deste servizo de subscrición.
Deste xeito, a subscrición Essential pasa de 59,99 a 71,99 euros/ano; a subscrición Extra pasa de 99,99 a 125,99 euros/ano; e a subscrición Premium pasa de 119,99 a 151,99 euros. Son unhas subas de prezo importantes, polo que os usuarios que teñan pensado contratar o servizo teñen a oportunidade de aforrar uns cantos euros facéndoo antes o 6 de setembro.

PUBLICIDADE