PlayStation trae a súa tenda directa a España
martes, 23 de maio do 2023- A tenda directa de PlayStation abriu hoxe en Italia
Durante os
últimos anos os problemas de abastecemento de consolas PlayStation 5 provocou
que algúns establecementos abusasen vendendo as máquinas a prezos moi
superiores aos recomendados, ao que Sony respondeu nalgúns mercados abrindo un sistema
de venda directa, que leva meses espallándose territorialmente, e que agora
está a avanzar a bo ritmo por Europa, de xeito que hoxe mesmo a tenda de
PlayStation abre en Austria e Italia, chegando o xoves a España e Portugal.
Este espazo na páxina web de
PlayStation ofrece aos compradores un xeito cómodo de adquirir produtos fÃsicos
directamente á propia marca, incluÃndo consolas PlayStation 5, cascos
PlayStation VR2, mandos sen fÃos e cubertas para consolas PS5. Co lanzamento
tamén será posible adquirir unha selección de xogos de PS5, como God of War
Ragnarök, The Last of Us Parte I, Horizon Forbidden West, Gran Turismo 7, Uncharted:
Colección Legado de los Ladrones, Ratchet & Clank: Rift Apart, Marvel’s
Spider-Man: Miles Morales, Returnal, Sackboy: Una aventura a lo grande, Demon’s
Souls, Death Stranding Director’s Cut, Ghost of Tsushima Director’s Cut e The
Nioh Collection.
As compras superiores a 39 euros terán envÃo estándar de balde e devolucións de
balde en 30 dÃas.