Novos móbiles de alta gama de Poco
xoves, 27 de marzo do 2025
A familia de smartphones Poco de Xiaomi está a dar un grande paso con novo Poco F7 Ultra, un smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, 12/16 GB de RAM LPDDR5X, 256/512 GB de almacenamento interno UFS 4.1, pantalla AMOLED de 6,67 polgadas cunha resolución de 3.200 x 1.440 pÃxeles e unha velocidade de refresco de 120 Hz, Wi-Fi 7, Bluetooth 6.0, baterÃa de 5.300 mAh con carga rápida de 120 watts por cable e 50 watts sen fÃos, especificacións que deixan claro que estamos ante todo un gama alta cun prezo de lanzamento de entre 699,99 e 749,99 euros en función das prestacións.
Pero o máis rechamante deste smartphone é o seu apartado fotográfico, que normalmente era un dos puntos máis frouxos dos móbiles Poco. O Poco F7 Ultra ten un sensor principal estabilizado Light Fusion 800 de 50 MpÃxeles, un teleobxectivo flotante de 50 MpÃxeles e un ultra grande angular de 32 MpÃxeles, asà como unha cámara frontal de 32 MpÃxeles, o que en conxunto supón unha configuración de cámaras bastante superior ao que estamos afeitos nesta liña de móbiles de Xiaomi que habitualmente centrábanse na potencia do seu procesador e na súa orientación aos xogos (detalle que non abandona, como demostra o uso de tecnoloxÃa LiquidCool 4.0 para mellorar a súa disipación térmica).
Para usuarios menos esixentes teremos o novo Poco F7 Pro, que conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12 GB de RAM LPDDR5X, 256/512 GB de almacenamento UFS 4.1, pantalla AMOLED de 6,67 polgadas, Wi-Fi 7, Bluetooth 5.4 e baterÃa de 6.000 mAh con carga rápida de 90 watts, que fai as súas principais concesións nas cámaras, que quedan nunha traseira dual de 50 MpÃxeles con estabilización óptica e unha frontal de 20 MpÃxeles. Deste xeito conseguen que o prezo de saÃda deste móbil quede entre os 499,99 e os 549,99 euros. Estamos ante un smartphone que serÃa máis recomendable para usuarios que dean máis importancia á autonomÃa que ás cámaras e á potencia bruta.