Poderase empregar WhatsApp como aplicación predeterminada para chamadas e mensaxes no iPhone
venres, 28 de marzo do 2025
AÃnda que non vaia ser unha función que os usuarios vaian empregar de xeito masivo, en casos moi particulares (por exemplo, cando se emprega unha eSIM de datos no estranxeiro) os usuarios de móbiles de Apple poderán agradecer a última novidade de WhatsApp que funciona a partir de iOS 18.2, que consiste en permitir escoller WhatsApp como aplicación predeterminada para chamadas e mensaxes.
Esta nova función comezou a distribuÃrse entre o programa de probas da aplicación (a través de TestFlight), pero aseguran que está a espallarse entre todos os usuarios de WhatsApp en calquera lugar do mundo, ou sexa, que esta prestación non se limita á Unión Europea (pois inicialmente permitiuse para cumprir coa lexislación europea).
Actualmente iOS permite mudar a aplicación predeterminada para o correo electrónico, para navegar pola web, para realizar pagamentos... e agora tamén para realizar chamadas e enviar mensaxes, algo que en paÃses como España ten bastante sentido, dado que na práctica WhatsApp substituÃu as mensaxes de texto no móbil.