Poderemos xogar a GTA V dende o móbil grazas a Xbox
martes, 6 de abril do 2021
En maio
de 2020 o xogo Grand Theft Auto V deixou o Xbox Game Pass para deixar
sitio para Red Dead Redemption 2, de xeito que os subscritores deste
plan de Xbox mudaban un grande tÃtulo de Rockstar Games por outro, polo que
resulta curioso que entre os
xogos que entran no Game Pass o vindeiro 8 de abril figure Grand Theft
Auto V, xa que non é frecuente que un xogo repita, pero desta volta
o retorno é diferente, xa que os usuarios de Xbox Game Pass Ultimate agora
poden gozar do xogo en streaming, ou sexa, que agora será posible gozar do GTA
V dende móbiles Android, o que para moitos será unha nova espectacular.
Outros xogos que recibirán os subscritores do Game Pass serán Zombie Army 4: Dead War, Disneyland
Adventures, Rush: A Disney/Pixar Adventure, NHL 21, Rain
on Your Parade, Pathway e MLB
The Show 21. Cómpre lembrar que, aparte dos xogos habituais do Game Pass,
os subscritores Ultimate tamén poden gozar de EA Play sen custo adicional, o
que supón un importante incremento do catálogo de xogos dispoñible, existindo
rumores de que nos vindeiros meses non serÃa o único servizo en sumarse ao Xbox
Game Pass Ultimate, xa que Ubisoft+ poderÃa seguir os mesmos pasos.