Poderían mercar Musical.ly por uns 800 millóns de dólares

venres, 10 de novembro do 2017 Marcus Fernández

A popular aplicación móbil de realización de vídeos cortos Musical.ly, moi popular entre a mocidade, parece estar a tomarse moi en serio, xa que está a ultimar un acordo de venda a Jinri Toutiao, unha compañía chinesa que a primeiros de ano mercou Flipagram, asegurando a prensa chinesa que a operación podería chegar aos preto de 1.000 millóns de dólares, aínda que outras fontes cifran a cantidade en 800 millóns de dólares, cantidade que segue a ser o bastante elevada como para deixar claro o interese que hai en tomar posicións entre aplicacións que poden converterse no futuro en grandes éxitos como aconteceu con Instagram.
Musical.ly está considerada como a primeira grande aplicación móbil de vídeo que non pertencente a un xigante da Internet, de aí que resulta moi atractiva, así como o feito de que tamén teña funcionalidades sociais e de mensaxería (como tamén acontece con Instagram) facendo que entre o público máis mozo teña unha grande aceptación.
A aplicación naceu hai 3 anos, ten uns 60 millóns de usuarios (captados principalmente nos seus 2 primeiros anos de vida) e agora que parece estar estancado o seu crecemento haberá que ver se un cambio de propietario pode supor o pulo que a ferramenta precisa para volver a pórse de actualidade e competir así con grandes aplicacións que coñecedoras da situación do mercado no paran de evolucionar.

PUBLICIDADE