Poio imparte novos cursos gratuÃtos en competencias dixitais para persoas desempregadas
martes, 31 de decembro do 2024
O Concello de Poio vai comezar o ano impartindo novos cursos de capacitación dixital dirixido a persoas en situación de desemprego. En total son dúas formacións gratuÃtas, de 200 horas cada unha, e que se desenvolverán entre xaneiro e abril na aula da Reiboa.
Máis polo miúdo, son dous cursos en nivel intermedio, que se desenvolverán ata abril e a través dos cales dotarase dun equipo informático ao alumnado que supere o itinerario. As persoas interesadas en participar poden facelo en dixigal@bigformacion.com ou no teléfono 654 825 395.
A iniciativa encádrase no proxecto DIXIGAL, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Poio e financiado a través de fondos europeos, e que permitirá ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos que permitan mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego a través da Rede e, incluso, facilitar as súas xestións a través da Internet.
Desta volta, os cursos ofrecerán ao alumando ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo deste ano no concello. Como dixemos, o alumnado que supere todo o itinerario recibirá como agasallo un equipo informático que lles facilitará seguir practicando todo o aprendido nos seus fogares.
O curso dividirase en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas: busca e xestión de información dixital, resolución de problemas coa entorna dixital, creación de contido dixital e programación, seguridade e civismo na contorna dixital e comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral.
A formación é gratuÃta e as persoas interesadas en participar ou recibir máis información poden facelo no enderezo electrónico dixigal@bigformacion.com, no teléfono 654 825 395 ou no servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio. Cada curso conta con 20 prazas e desenvolveranse entre o 14 de xaneiro e finais de abril. Un deles en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas e o outro, de tarde, de 15.00 a 20.00 horas.
O nivel académico do alumnado esixido é o correspondente ao graduado en ESO e, a aquelas persoas que non teñan esta titulación, farÃaselles unha proba de acceso para poder manter un nivel homoxéneo de coñecementos na aula.