Poison Ivy enfrontarase a Batman en Arkham Asylum
venres, 22 de maio do 2009
O retraso
do xogo Batman: Arkham Asylum ata
primeiros do mes de setembro permite aos seus responsables pulir o tÃtulo e
dar aÃnda máis pulo á súa promoción, de xeito que continúan co goteo de vÃdeos
presentando aos personaxes que irán aparecendo no xogo, e tras amosar en
detalle ao Joker, a Bane e a Harley Quinn, agora sorprenden con Poison Ivy, un
clásico personaxe dos comics de Batman que foi encarnada no cine por Uma
Thurman, e que combina atractivo sexual e letalidade, xa que a súa pel é un
veleno e pode exercer certo control sobre as plantas mutantes que crea no seu laboratorio.
Ao ver
en vÃdeo a este personaxe queda claro unha vez máis que o xogo de Eidos non
está a seguir estritamente ningunha versión concreta de cada un dos inimigos de
Batman, pois neste caso non atopamos semellanzas nin coas pelÃculas de acción
real, nin coas versións en series de animación, resultando incluso difÃcil de
comparar coas distintas caracterizacións que tivo no cómic a psicópata na que
se converteu a doutora Pamela Isley.
VÃdeo de presentación de Poison Ivy no xogo de Eidos e Warner Bros. Interactive Entertainment
