Pokémon GO actualÃzase para mellorar a súa estabilidade
luns, 1 de agosto do 2016
O fenómeno de Pokémon GO non cesa de coller
forza, e para que os servidores que atenden ao xogo non padezan moitos máis
problemas de saturación están a reducir o número de solicitudes que as aplicacións
dos usuarios remiten, conseguindo asà unha maior estabilidade, como resulta
evidente na actualización para iOS e Android estreada a pasada fin de semana,
con certa polémica, pois unha das funcionalidades do xogo que consistÃa en
amosar as criaturas Pokémon que están preto da nosa posición xunto con 1, 2 ou
3 pegadas indicando a súa distancia, e que estaba a ter un funcionamento
errático, finalmente eliminouse por completo, de xeito que as pegadas xa non
figuran visibles (reducindo asà considerablemente a carga dos servidores de
Niantic).
Outras novidades da aplicación é que os avatares poden personalizarse dende a
pantalla de perfil dos adestradores, melloráronse algunhas animacións nos
ximnasios, axustáronse os valores de dano dalgúns Pokémon, arranxáronse
problemas de memoria da aplicación, modificouse o cálculo de dano nos combates,
corrixÃronse varios fallos durante os encontros con Pokémon salvaxes e moitos
outros cambios cativos que se fan notar principalmente nun mellor funcionamento
do xogo.
Adiamento de Pokémon GO Plus
O accesorio para o xogo, a
pulseira Pokémon GO Plus, que deberÃa chegar aos seus compradores nun par
de semanas, padeceu un adiamento, de xeito que en vez de lanzarse ao mercado a
finais de xullo, finalmente non estará dispoñible para a súa compra
ordinaria por 39,99 euros até primeiros de setembro, posiblemente ante a
demanda moi superior ao esperado, xa que o éxito que está a ter Pokémon GO está a ser moi superior do
previsto.
A pulseira facilitará o uso do xogo incluso cando non se estea a empregar o
smartphone, xa que comunicarase coa aplicación a través de Bluetooth, e
mediante un LED e vibracións advertirá ao xogador de acontecementos do xogo,
como a aparición dun Pokémon nas proximidades, sendo posible efectuar algunha
das funcións máis básicas (como atrapar un Pokémon) con só premer o botón do
trebello.
O xogo en móbiles con Windows
Se ben Pokémon
GO é un xogo exclusivo para Android e iOS, hai usuarios con móbiles con
Windows que non se conforman, e están
a traballar en PoGo-UWP, unha aplicación para a versión móbil de Windows 10
que está a desenvolverse en código aberto e que carece de moitas prestacións,
pero que supón unha primeira achega para poder gozar do xogo en móbiles non
compatibles.
A aplicación non está dispoñible na tenda oficial, de xeito que para a súa
instalación hai
que seguir numerosos pasos bastante complicados para os non iniciados, polo
que non serÃa un proceso recomendable para que non fose desenvolvedor de
aplicacións, pero serve de exemplo de como os desenvolvedores son quen de
desentrañar o funcionamento dunha aplicación allea para poder emular o seu
funcionamento en plataformas marxinadas como Windows 10 para móbiles.