Pokémon GO serve de apoio vital a un lugués de 61 anos
xoves, 24 de abril do 2025
A historia de Jose Rábade, un veciño de Lugo de 61 anos, exemplifica como un videoxogo pode ir máis aló do lecer e converterse nun apoio vital. Coñecido como Rabadero na comunidade local de Pokémon GO, Jose leva dende 2019 participando activamente no xogo, unha actividade que lle axuda a manterse en forma, socializar e afrontar con forza unha enfermidade grave.
Comezou a xogar por casualidade co seu fillo, pero co tempo Pokémon GO pasou a formar parte do seu dÃa a dÃa, especialmente tras recibir un diagnóstico de cancro. A actividade fÃsica que require o xogo axúdalle a combater o sedentarismo e manterse activo, mesmo nos dÃas máis complicados. «A forma que teño hoxe en dÃa de obrigarme a andar é xogar a Pokémon GO. O dÃa pode ser malo, pero tento saÃr todos os dÃas», comenta.
O Parque de Frigsa é o escenario principal desta rutina. Alà reúnese a diario cun grupo de xogadores que se converteu nun auténtico punto de apoio. O que comezou como unha experiencia solitaria acabou por darlle acceso a unha comunidade diversa e acolledora. «O resto dos xogadores é xente marabillosa. Xuntámonos todos os dÃas para xogar e ás veces conseguimos ser 20 ou 30 persoas. Isto dálle vida a un», explica Jose. A súa presenza habitual no parque non pasa desapercibida, e aÃnda que admite que ás veces a xente os mira con estrañeza.
Ademais do aspecto social, Jose tamén mostra unha paixón especial polos Pokémon Shiny, criaturas raras que se distinguen pola súa cor diferente e dificultade para seren atopadas. «Onte conseguÃn un que ninguén tiña», relata con orgullo este xogador que non ten presa por chega ao nivel 50.
A experiencia de Jose Rábade pon de manifesto o potencial das ferramentas dixitais para fomentar o exercicio, combater o illamento social e construÃr comunidades. En Lugo, a través do Pokémon GO, o Parque de Frigsa consolidouse como un espazo vivo onde o xogo e a vida camiñan da man.

- Imaxe dun dos encontros lugueses de Pokémon GO celebrado hai un par de meses
