Pokémon Sol e Pokémon Luna saen á venda
mércores, 23 de novembro do 2016
Coincidindo coa celebración do 20 aniversario do lanzamento
de Pokémon Vermello e Pokémon Verde no Xapón, chegan os novos
xogos Pokémon Sol e Pokémon Luna, que presentan toda un rexión
nova que explorar (Alola, composta por 4 illas tropicais e unha illa
artificial), asà como novas criaturas que enriquecer o universo de Pokémon.
AÃnda que poderiamos pensar que esta lonxeva franquÃa amosa fatiga, o
lanzamento no verán de Pokémon GO!
supuxo a súa revitalización, de xeito que estes novos xogos para Nintendo 3DS
bateron todas as marcas de reservas dun tÃtulo da saga, polo que promete ser un
dos supervendas da campaña de Nadal, que tamén poderán adquirirse preinstalados
nunha consola Nintendo 2DS.
Este novo xogo permitirá escoller ao usuario se adopta un rol masculino ou
feminino, seleccionar entre 3 Pokémon iniciais (Rowlet, Litten e Popplio),
transferir os Pokémon atrapados noutras versións de Pokémon para 3DS grazas ao
Banco de Pokémon, gozar de combates Battle
Royale, escanear códigos QR para desbloquear contidos e moitos outros
detalles entre os que pode destacarse que chega en español, inglés, francés,
alemán, italiano, xaponés, coreano e chinés, de xeito que a súa distribución
global será moi rápida, o que agradecen os xogadores de todo o mundo, que dende
hai uns anos non teñen que soportar fiestras de varios meses para o lanzamento
do xogo no seu territorio.
VÃdeo de promoción de Pokémon Sol e Pokémon Luna